SOZAPATO (ZAPATA OCHOA, SOFÍA
Inqueda e curiosa, a pequena Matilde asómase ás agachadas
	ao estudio dun artista e sae fuxindo cun dos seus pinceis,
	co que decide debuxar un dragón. Para a súa sorpresa
	-e a dos lectores- a criatura trazada salta da parede e comeza
	a percorrer a cidade, ata que se desentende da nena e vai
	cometendo falcatruadas. Afortunadamente, o pintor aparece
	no momento oportuno e de máximo suspense para axudar
	a Matilde, restablecendo a normalidade.
	Todo sucede nunha cidade gris e aburrida, onde a xente camiña
	coa cabeza baixa e allea ao sucede ao seu arredor. A presenza
	da cor -que adquire un valor simbólico- redúcese á figura
	da protagonista, o taller do artista e os personaxes que saen
	dos seus pinceis, algúns dos cales tamén habitan libremente
	nas rúas.