Búsqueda de Gallego

Libros / Idioma original / Gallego (27)

  • CAROL
    HIGHSMITH, PATRICIA
    Un encontro fortuíto entre dúas mulleres solitarias conduce a un apaixonado romance neste clásico de culto. Therese, unha xove e frustrada dependenta, e Carol, un ama de casa no medio dun amargo divorcio, abandonan os seus opresivas rutinas pola liberdade da estrada, onde o seu amor pode florecer. Pero a súa felicidade faise cachizas cando Carol vese obrigada a elixir entre o s...

    18,00 €

  • A CASA GRANDE DE ROMARIGAES
    RIBEIRO, AQUILINO
    Esta é a crónica dunha casa: dende a súa construción a mediados do século xvii até a súa decadencia e abandono a finais do século siglo xix. E é tamén a historia de Portugal dende a súa independencia de España, pasando pola invasión francesa, a guerra civil ou os recorrentes pronunciamentos militares. A modo de reportaxe contemporánea, pero facendo gala dun estilo poético e ref...

    18,00 €

  • DESPOIS DO DIARIO DE ANNE FRANK
    VON BENDA-BECKMANN, BAS
    Millóns de persoas en todo o mundo leron “O diario de Anne Frank”, pero case ninguén coñece o que lles aconteceu despois á protagonista e aos demais habitantes da casa de atrás. Grazas a testemuñas orais de superviventes e amigos, documentos oficiais e outros diarios, Bas von Benda-Beckmann, historiador e investigador da Fundación Anne Frank, reconstrúe neste libro o que lles s...

    20,00 €

  • O PERFUME
    SÜSKIND, PATRICK
    Jean-Baptiste Grenouille naceu seis anos antes da Revolución Francesa no barrio máis fedorento de París. Dende a súa nacenza ten unha extravagante cualidade: non desprende olor ningún, polo que lle atribúen a presenza dalgún demo. Tamén posúe un don excepcional: un olfacto prodixioso que lle permite percibir todos os aromas do mundo. ...

    18,00 €

  • UN ESPLÉNDIDO MUNDO NOVO
    HUXLEY, ALDOUS
    «Un espléndido mundo novo» é posiblemente a novela máis lida e inquedante de Aldous Huxley, un dos escritores máis lúcidos da segunda metade do século XX. A súa influencia está presente en obras fundamentais da literatura de anticipación, como «Nós» de Evgenii Zamiatin e «1984» de George Orwell. Presenta un futuro lonxano onde o mundo alcanza a felicidade absoluta grazas ...

    18,00 €

  • CANTO EU E A MONTAÑA BAILA
    SOLÀ, IRENE
    Un lóstrego bate enriba de Domènec, o poeta-labrego, que morre de inmediato. O lapso fugaz entre a vida e a morte marca esta historia de historias na que se mesturan pasado, presente e futuro; onde conviven realidade e ficción, historia e mitoloxía. «Canto eu e a montaña baila» é unha novela coral na que toman a palabra mulleres e homes, nubes e fungos, osos e cervatos qu...

    17,00 €

  • AXENTE X.99: CONTOS E VERSOS DO ESPAZO
    RODARI, GIANNI
    Axente X.99 é como se coñece o gardián dun asteroide que, xunto coa cabra Renata, viaxa polo espazo desempeñando distintas misións. Publicadas na revista La Via Migliore entre outubro 1974 e maio de 1975, as aventuras deste peculiar astronauta representan a incursión de Gianni Rodari na ciencia ficción. Cada relato é una porta aberta á reflexión crítica: dende como orientar ...

    15,00 €

  • O SEÑOR IBRAHIM E AS FLORES DO CORÁN
    SCHMITT, ÉRIC-EMMANUEL
    Momo é un adolescente xudeu, desorientado e orfo de agarimo. Ibrahim é un tendeiro musulmán, de carácter reflexivo e pausado, cunha visión da vida marcada pola perspectiva e pola experiencia dos anos. Dous habitantes solitarios da rúa Azul, no París dos anos 60, que traban unha entrañable amizade que trascende as súas respectivas crenzas. Un aporta vitalidade, o outro sab...

    12,00 €

  • E UN VOOU SOBRE O NIÑO DO CUCO
    KESEY, KEN
    «E un voou sobre o niño do cuco» é unha novela de culto escrita en 1959 e publicada en 1962 que callou fondo nos campus universitarios e nas comunas hippies dos anos 60. Na súa etapa estudantil, Ken Kesey ofreceuse voluntario para participar en experimentos sobre drogas psicodélicas como o LSD que os psiquiatras dun hospital californiano ensaiaban con vistas a posibles usos ter...

    17,00 €

  • NA ESTRADA
    KEROUAC, JACK
    A biblia da xeración beat, unha novela de culto, un clásico da literatura norteamericana do século XX sobre a busca hedonista da liberdade e das experiencias auténticas, en contraposición ás convencións da América profunda. ...

    18,00 €

  • GELSOMINO NO PAÍS DOS MENTIRÁNS
    RODARI, GIANNI
    Gelsomino é un rapaz cunha voz tan potente que pode esnaquizar castelos enteiros só con botar un berro. Xunto cos seus amigos, enfrontarase ao rei do País dos Mentiráns, onde mentir é obrigatorio por lei; onde dicir a verdade supón expoñerse a fortes sancións por orde de quen manda, un antigo pirata que tapa a cabeza cunha perruca laranxa e ao que lle encanta pronunciar discurs...

    16,00 €

  • O HOME DOS CÍRCULOS AZUIS
    VARGAS, FRED
    Aos parisinos divírtelles un insólito fenómeno que dende hai meses acontece nas rúas da Cidade da Luz: “Victor, mala sorte a túa, ti que facías na rúa?” é a enigmática mensaxe que acompaña uns círculos trazados no chan con xiz. No centro desas figuras aparecen obxectos variopintos: a cabeza dun boneco, un trombón, unha bombilla, un iogur, unha pata de pomba… un gato morto! ...

    18,00 €

  • A GRANXA DOS ANIMAIS
    ORWELL, GEORGE
    "Tan pronto se apagou a luz do dormitorio comezaron o barullo e o algareo en todos os edificios da granxa. Durante o día correra a voz de que o vello Comandante, o porco branco de raza middle white que gañara o concurso da feira, tivera un estraño soño a noite anterior e quería transmitírllelo aos outros animais; e acordaran reunirse todos no celeiro grande en canto estivesen s...

    10,00 €

  • UN MONSTRO VÉN A VERME
    NESS, PATRICK
    Conor tiña o mesmo pesadelo todas as noites desde que a súa nai enfermara gravemente. Pero algo distinto sucedeu unha madrugada ao espertar e atopar un monstro na súa ventá. Era moi antigo, moi vello, e viña con toda a forza da natureza reclamando algo moi importante: o segredo máis oculto de Conor, un rapaz que -malia estar asustado ante dureza coa que se lle presenta a vida: ...

    13,00 €

  • A BATALLA DE OCCIDENTE
    VUILLARD, ÉRIC
    En 1810, Prusia montou unha escola de guerra. As palabras «escola» e «guerra» crean un efecto estraño cando se poñen unha ao par da outra: fannos imaxinar alumnos en fila, con botas grandes de máis para eles, e dormitorios onde a xente esperta ao son da corneta. E que se aprende nunha escola de guerra? O 28 de xuño de 1919, na Galería dos Espellos do Palacio de Versalles, asino...

    17,00 €

  • O PLANETA DOS SIMIOS
    BOULLE, PIERRE
    Jinn e Phyllis estaban pasando unhas vacacións marabillosas no espazo, o máis lonxe posible dos astros habitados. Naquel tempo, eran habituais as viaxes interplanetarias, e as expedicións intersiderais non resultaban excepcionais. Os foguetes levaban turistas até as prodixiosas paisaxes de Sirio ou financeiros ás famosas bolsas de Arturo e de Aldebarán… “O planeta dos simios” p...

    17,00 €

  • O NENO DO PIXAMA DE RAIAS
    BOYNE, JOHN
    Esta novela do escritor irlandés John Boyne converteuse nun fenómeno editorial de altísimo nivel: traducida a máis de corenta e dous idiomas, vendeu máis dun millón de exemplares en castelán, foi líder de vendas durante semanas en varios países e realizouse unha adaptación cinematográfica. En galego xa vai pola súa undécima reimpresión. Trátase dunha fábula literaria para todos...

    14,00 €

  • 1984
    ORWELL, GEORGE
    Imaxinas unha sociedade na que o goberno che impoña como vestir, que nova lingua falar, como actuar, como pensar? En 1984 esa sociedade existe, chámase Oceanía e comparte o dominio da Terra con outras dúas superpotencias coas que adoita estar en guerra alternativamente: Eurasia e Oriasia. Londres é a principal cidade da Aeropista Un e na súa cerna está instalado o centro do pod...

    19,00 €

  • OS CONTOS DA AVOA PEPA
    FERNÁNDEZ NAVAL, FRANCISCO X.
    “Os contos da avoa Pepa” atesouran a memoria dos nosos maiores, dun pasado con menos comodidades e sen os adiantos tecnolóxicos de hoxe en día, pero falan dunha Galicia coa autenticidade e co encanto da paisaxe e da paisanaxe rural; dun tempo no que as historias pasaban de avós, a fillos, a netos, xeración tras xeración; dos contos de fórmula, das diviñas, das cantigas e dos xo...

    15,00 €

  • A ORDE DO DÍA
    VUILLARD, ÉRIC
    A medio camiño entre a ficción e o relato histórico, “A orde do día” ten como trasfondo a anexión alemana de Austria -Anschluss- en 1938 e a Segunda Guerra Mundial, coa chegada previa de Adolf Hitler ao poder cinco anos antes e o apoio dos potentes industriais alemáns á maquinaria de guerra nazi. A acción remóntase a unha fría mañá de febreiro de 1933, nos primeiros compases do...

    15,00 €

  • PIPPI MEDIASLONGAS NOS MARES DO SUR
    LINDGREN, ASTRID
    Pippi Mediaslongas ten a capacidade de converter nunha aventura abraiante calquera cousa que faga. Nesta ocasión, canda os seus inseparables Tommy e Annika, Pippi viaxará co seu pai, Efraim Mediaslongas, á illa de Korakora, onde o capitán é un poderoso rei. «Pippi Mediaslongas nos Mares do Sur» publicouse orixinalmente en 1948 como colofón da triloxía formada por «Pippi Mediasl...

    16,00 €

  • DIARIO DE ANA FRANK
    FRANK, ANNE
    O “Diario de Ana Frank” foi escrito entre o 12 de xuño de 1942 e o 1 de agosto de 1944 no ático de Amsterdam onde Ana e a súa familia se esconderon dos nazis. A obra publicouse ao rematar a II Guerra Mundial e axiña se converteu nun clásico en todo o mundo -traducido a ducias de linguas- por ser un gran e atemporal testemuño da memoria histórica, dos millóns de voces caladas du...

    16,00 €

  • A EVOLUCIÓN DE CALPURNIA TATE
    KELLY, JACQUELINE
    “A evolución de Calpurnia Tate” conta a historia dunha nena de case 12 anos -a máis nova de sete irmáns- no seo dunha familia acomodada nunha pequena vila de Texas. Investigando nos libros da biblioteca e facendo ensaios nun pequeno laboratorio, achegarase á figura e aos descubrimentos revolucionarios de Charles Darwin. ...

    18,00 €

  • RAMÓN CABANILLAS
    CABANILLAS, RAMÓN / PASTOR, ANXO
    Celebración do Ano Cabanillas cunha escolma que repasa o máis senlleiro da produción literaria do poeta cambadés, dende "Vento mareiro", ata "No desterro", pasando por "Da terra asoballada" ou "A rosa de cen follas". ...

    15,00 €

  • CELSO EMILIO FERREIRO
    FERREIRO, CELSO EMILIO

    15,00 €

  • O AMANTE
    DURAS, MARGUERITE
    «O amante» é unha das obras mestras de Marguerite Duras. Publicada en 1984 cando a autora tiña 70 anos, esta novela autobiográfica e de tintes eróticos gañou o Premio Goncourt e foi traducida a máis de 45 idiomas. A protagonista é unha ferm osa adolescente de orixe francesa que vive en Saigón, na Indochina colonial de principios do século XX. A súa familia está arruinada e a mo...

    12,00 €

  • PIPPI MEDIASLONGAS
    LINDGREN, ASTRID
    Nenas e nenos de todo o mundo temos pasado horas inesquecibles de lectura ao abeiro das aventuras e das extravagancias de Pippi Mediaslongas, do seu mono señor Nilsson e do seu cabalo. Diversión, tenrura e humor, optimismo e ledicia son ingredientes deste clásico universal e imprescindible; dun personaxe literario convertido nunha icona contemporánea que inspirou unha serie na ...

    16,00 €